
— o volume (número das palabras) do texto orixinal;
— as características do documento (léxico técnico ou especializado, rexistro lingüístico, etc.);
— o prazo convido para a realización do traballo;
— o formato de entrega da traducción (correo electrónico, fax, copia impresa, gravación en disco, etc.).
A modo de orientación, o prezo é de 0,08 € por palabra do texto orixinal, para unha traducción corrente —quer dicir, da orde de 1 € por liña ou 25 € por páxina estándar— (estes prezos non inclúen o IVA).
Se vostede dispón dunha versión informatizada do documento, pode achar con facilidade o número das palabras do arquivo gracias ós datos proporcionados polo procesador de textos (OpenOffice.org e outros: «Ferramentas / Contar palabras» ou «Arquivo / Propiedades / Estatística»; WordPerfect: «Arquivo / Propiedades / Información»; AppleWorks: «Edición / Ortografía / Estatísticas»)
Tamén pode visita-la páxina de contacto desta web e mandar directamente unha copia do documento, que examinarei con absoluta confidencialidade —tódolos traductores estamos obrigados ó segredo profesional— e sen ningún compromiso pola súa parte.
Para calquera comentario ou
suxestión, rógase envíe un correo electrónico a: info [arroba]
voz-trad
[punto]
net